Os viños saboreados esta noite, relacionados por orde da puntuación obtida, foron:
O 2º con 16,21 puntos : Tionio. Ribera del Duero, 2003, crianza feito coa caste tinta fina (tempranillo). Viño de cor púrpura, cuberto, con toques balsámicos, con notas de madeira e regalicia, equilibrado.
3º con 16,00 puntos: Bentus. Rioja, reserva 2002, feito con 80% tempranillo, 20% garnacha, mazuelo e graciano. Dezaseis meses en barrica de carballo francés e americano. Cor vermella granate, capa media, limpo, intensidade alta, arumes a manteiga, rosas, regalicia, froitas vermellas , abelás e torrefacto. Cálido e envolvente.
4º con 15,14 puntos: Raimat. Costera del Segre, 2001. Feito con 85% de merlot e 15% de cabernet sauvignon con 18 meses en barrica. Cor marrón granate con reberete tellado, pouco cuberto. En nariz aromas a froita vermella e especies con cravo e algo de pementa negra. En boca froita vermella e especies, largo.
5º con 14,35 puntos Villa de Corullón. Bierzo 2001. Mencía. Este viño estaba moi vello para a variedade que é. Houbo quen apuntou que facía un días que tomara unha botella do 2005 e que estaba moitísimo mellor. Vermellón granate con tons violáceos. Froitas silvestres, moras, matices metálicos. Suave, untuoso, veludo, equilibrado en taninos e acidez.
6º con 14,07 puntos: Tiberio Nocens. Toscana Central, Italia, 2005. Viño tinto de uvas canaiolo 50% e cavernet ao 50%, feito ao modo do “Antico Metodo: Governo all´Uso Toscano” que consiste en vendimar o 10% das mellores uvas e deixalas madurar nun cuarto ben aireado por 15 días, vendimar o 90% restante e poñer a fermentar. Neste punto métense as uvas do 10% no mosto e cortase a fermentación. Espérase a que inicie unha segunda fermentación. O viño de cor cereixa con toques granate, aromas a framboesa madura con toques de torrefacto. Astrinxencia baixa . equilibrado.
Despois da cata, coma sempre, ceamos un menú preparado polo Ribeira de Fefiñans: zamburiñas á grella das máis grandes e mellores que se poidan ver na praza de Cambados, unha empanada de xoubas feita pola nai de Jose que merecería que patentase a receita e os chocos na súa tinta especialidade da casa onde se sae de todos os parámetros de sabor e calidade coñecidos. Nesta fase da cata, puidemos comprobar as habilidades de Íñigo como camareiro.
A noite rematou para nós (Rosa e Santiago) cunha copa no Pandemonium, do que fixo o resto de catadores non podemos dar razón.
2 comentarios:
BUENO, PUES PARECE QUE AUNQUE COSTÓ, AL FINAL TENEMOS LA PRIMERA CRÓNICA EN GALEGO.
POR CERTO, E SEGUIMOS NO NOSO IDIOMA. AS CATAS SEGUEN A DAR FROITO,E VESE QUE ALGO APRENDEMOS, XA QUE UN MEMBRO DO CLUBE ACABA DE GAÑARSE A PRAZA COMO REPRESENTANTE DE GALICIA NO TROFEO DE SUMILLERES DE "MADRID FUSIÓN". PARA QUE DIGAN QUE NON HAI NIVEL NI NADA, JE JE.
E A VER SI FACEMOS COMENTARIOS..., QUE NON EN TAN DIFÍCIL..., QUE ATA UN ANALFABETO INFORMÁTICO COMA MIN XA E CAPAZ DE FACELO.
Publicar un comentario