miércoles, 26 de noviembre de 2008

Crónica dunha cata sen cronista (13 de noviembre de 2008)

A cata realizada o xoves 13/11/o8 titulámola desta maneira porque o cronista oficial é Alberto que ese día non puido asistir, así como algúns/as dos catadores asiduos/as.Esta cata foi organizada por Rosa e Santiago, que é o culpable desta crónica por decisión dedocrática dos presentes.
Prantexámola cos criterios de sorprender aos compañeiros, xogar coa sorpresa, romper algún molde co que algúns coidaban que Santiago estaba moi “encasillado”a partir de catas anteriores, co ánimo de que fose lúdica e para elo introducimos algún elemento de xogo ,e sobre todo saborear uns bos viños. Imos concretar, eliximos cinco viños tintos de distintas denominacións de orixe do Estado Español e un tinto europeo non peninsular, aí estaba o elemento de xogo. A atención centrouse, en principio, por saber cal era o viño estranxeiro, logo pasou a segundo termo. Había tres viños monovarietais e outros tres con diferentes mesturas de castes. Uns sen barrica e outros con uns meses de barrica, había un reserva.
A cata resultou moi entretida, interesante e sobre todo sorpresiva para os catadores que a pesar de ter xa acumulada unha boa experiencia, sobre todo algúns, aínda se lle pode dar boas e grandes sorpresas. A primeira reacción dos catadores foi a sorpresa. A segunda foi a calidade dos viños elixidos. A terceira a diferenza entre os caldos. A cuarta, cal era o viño estranxeiro?. E así máis e máis… Foi unha cata longa e parsimoniosa e cando chegou a hora de puntuar e de arriscarse a acertar as castes e as mesturas, se tiñan barrica ou non, houbo de todo. Desde o despiste total ata o que acertou catro variedades, como foi o caso de Fran que quedou como o rei da noite dos catadores.
Os viños saboreados esta noite, relacionados por orde da puntuación obtida, foron:
O numero 1 con 16,85 puntos : Casa de la Ermita. Jumilla, crianza 2004, feito con uvas petit verdot e con doce meses en barricas novas de carballo francés e americano. Foi a sorpresa da noite, sobre todo por ser un viño moi equilibrado en nariz e en boca, tinto de tons tella, balsámico con toques de herba fresca, toques de pementa e forte sabor a cirola pasa, astrínxente, largo en boca con certo sabor amargo ao final.
O 2º con 16,21 puntos : Tionio. Ribera del Duero, 2003, crianza feito coa caste tinta fina (tempranillo). Viño de cor púrpura, cuberto, con toques balsámicos, con notas de madeira e regalicia, equilibrado.
3º con 16,00 puntos: Bentus. Rioja, reserva 2002, feito con 80% tempranillo, 20% garnacha, mazuelo e graciano. Dezaseis meses en barrica de carballo francés e americano. Cor vermella granate, capa media, limpo, intensidade alta, arumes a manteiga, rosas, regalicia, froitas vermellas , abelás e torrefacto. Cálido e envolvente.
4º con 15,14 puntos: Raimat. Costera del Segre, 2001. Feito con 85% de merlot e 15% de cabernet sauvignon con 18 meses en barrica. Cor marrón granate con reberete tellado, pouco cuberto. En nariz aromas a froita vermella e especies con cravo e algo de pementa negra. En boca froita vermella e especies, largo.
5º con 14,35 puntos Villa de Corullón. Bierzo 2001. Mencía. Este viño estaba moi vello para a variedade que é. Houbo quen apuntou que facía un días que tomara unha botella do 2005 e que estaba moitísimo mellor. Vermellón granate con tons violáceos. Froitas silvestres, moras, matices metálicos. Suave, untuoso, veludo, equilibrado en taninos e acidez.
6º con 14,07 puntos: Tiberio Nocens. Toscana Central, Italia, 2005. Viño tinto de uvas canaiolo 50% e cavernet ao 50%, feito ao modo do “Antico Metodo: Governo all´Uso Toscano” que consiste en vendimar o 10% das mellores uvas e deixalas madurar nun cuarto ben aireado por 15 días, vendimar o 90% restante e poñer a fermentar. Neste punto métense as uvas do 10% no mosto e cortase a fermentación. Espérase a que inicie unha segunda fermentación. O viño de cor cereixa con toques granate, aromas a framboesa madura con toques de torrefacto. Astrinxencia baixa . equilibrado.
Despois da cata, coma sempre, ceamos un menú preparado polo Ribeira de Fefiñans: zamburiñas á grella das máis grandes e mellores que se poidan ver na praza de Cambados, unha empanada de xoubas feita pola nai de Jose que merecería que patentase a receita e os chocos na súa tinta especialidade da casa onde se sae de todos os parámetros de sabor e calidade coñecidos. Nesta fase da cata, puidemos comprobar as habilidades de Íñigo como camareiro.
A noite rematou para nós (Rosa e Santiago) cunha copa no Pandemonium, do que fixo o resto de catadores non podemos dar razón.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

BUENO, PUES PARECE QUE AUNQUE COSTÓ, AL FINAL TENEMOS LA PRIMERA CRÓNICA EN GALEGO.
POR CERTO, E SEGUIMOS NO NOSO IDIOMA. AS CATAS SEGUEN A DAR FROITO,E VESE QUE ALGO APRENDEMOS, XA QUE UN MEMBRO DO CLUBE ACABA DE GAÑARSE A PRAZA COMO REPRESENTANTE DE GALICIA NO TROFEO DE SUMILLERES DE "MADRID FUSIÓN". PARA QUE DIGAN QUE NON HAI NIVEL NI NADA, JE JE.

Anónimo dijo...

E A VER SI FACEMOS COMENTARIOS..., QUE NON EN TAN DIFÍCIL..., QUE ATA UN ANALFABETO INFORMÁTICO COMA MIN XA E CAPAZ DE FACELO.