viernes, 27 de marzo de 2009

CRÓNICA DUNHA CATA CON SUSPENSE (5 de febreiro de 2009)

O xoves cinco de febreiro de 2009 Rosa e Santiago volveron a preparar outra cata, esta vez de viños tintos europeos cada un dunha denominación de orixe distinta.
Cepas viejas, 2005, bodega Dominio de Tares, D.O. Bierzo, uvas: mencía. En cata: cor vermella picota, capa alta. Arumes a terra mollada que abre a froitos encarnados con matices de froitos secos (manises). Boca con ataque intenso a veludo, sabores a froita madura, moras, algo de café. Viño equilibrado, redondo e goloso.
Quinta dos Mattos, 2006, bodega Coimbra dos Mattos, D.O. Douro (Portugal), uvas: tinta amarela. En cata: cor vermella picota, capa media alta con riberetes morados, limpo. En nariz intensidade media alta, arumes a froitos vemellos e anisados. En boca entrada suave, corto, con toques amargos. Un viño correcto.
Viña Mein. Tinto clásico, 2005, bodega Viña Mein, D.O. Ribeiro, uvas: caiño longo e proporcións de mencía e ferrón. En cata: capa moi fonda con riberete moi fino. En nariz é intenso con arumes marcados a coco e recordos ao bagullo da uva. En boca é redondo e voluminoso , veludoso; ao remate márcase a astrinxencia. Viño con moi boa boca a o que lle falta contundencia en nariz.
Quinta do Perdigao, 2004, adega José Perdigao, D.O. Dao (Portugal), uvas touriga. En cata: capa profunda, moi escuro , cor vermello-café. Arumes a tostado e afumado. En boca pasa pronto pero con moita astrinxencia.
Chateau Pey La Tour, 2006, adega S.C. du Cháteau Pey La Tour, D.O. Bordeaux Superieur (Francia), uvas: 95% merlot, 4% cabernet s, 1% petit verdot. En cata: cor picota escura. En nariz arumes a pastelería, regaliz, froitas negras. En boca sabores a pel de castaña, lixeira astrinxencia, largo.
Borba, tinto reserva, 2003, adega Cooperativa Borba, aragonés, trincadeira, castelao, e alicante. En cata: cor vermella rubí con capa media. Nariz arumes a froita encarnada, cirola, especies, pementa negra, notas de pastelería. En boca paso suave, especies, regusto largo, froita vermella en sazón.
Notas de cata (Puntuación de 0 a 20)
Quinta do Perdigao, 2004 – 16,75 puntos.
Cepas viejas, 2005 – 16,69 puntos.
Chateau Pey La Tour, 2006 – 16,33 puntos.
Borba, tinto reserva, 2003 – 15,38 puntos.
Viña Mein. Tinto clásico, 2005 – 14,75 puntos.
Quinta dos Mattos, 2006- 14,37 puntos.

No hay comentarios: